Participación

O Congreso Xuvenil CLMNTK 2018 organízase de maneira virtual. Poderán participar todos os estudantes matriculados nun centro educativo en calquera centro educativo, aínda que os seleccionables para o campus son os que se expresan no apartado de selección.

Se os participantes son universitarios, poden enviar un correo a climantica@climantica.org no que expresen o seu interese de ser colaboradores voluntarios e expoñan as súas calidades, intereses e vocacións para achegar colaboracións para o campus. A organización neste caso resérvase o dereito de contactar cos perfís interesados e de entrevistarse cos posibles participantes universitarios. Se se incorporasen autores universitarios por esta vía, certificaríaselle a súa achega como colaboradores cunha dedicación de 60 horas.

Os traballos deberán ser inseridos polos participantes na páxina web do congreso http://congresovirtual-2.blogguia.climantica.org ata as 23:59 horas do día 31 de maio de 2018. No apartado Como participar da web atópanse tutoriales con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma. En caso de dúbida enviarase un correo electrónico á conta climantica@climantica.org.

Para a elaboración dos traballos tomaranse como referencia todas as tipoloxías estándar na súa elaboración tomaranse como referencia os seguintes formatos de comunicación:

  1. Relato
  2. Poesía
  3. Curtametraxe
  4. Vídeoclips con música ou letra de autoría propia musical
  5. Vídeo de obras de teatro de autoría (a autoría refírese ao guión e á realización do vídeo)
  6. Cómic
  7. Presentacións ou vídeo – presentacións con fotografías orixinais comentadas para sensibilizar ou con explicacións de procesos, eventos ou conceptos ambientais
  8. Póster, carteis ou deseños gráficos
  9. Debuxo
  10. Reportaxe multimedia
  11. Vídeos animados, stopmotion de fotos, robótica, modelados de plastilina, modelos, bonecos,….
  12. Outros vídeos: curtametraxes de ficción, documentais, anuncios publicitarios…

Formatos e titoriais

Formato de vídeo: avi, 3gp, mov, mp4, mpeg, flv, mkv
Formato de imaxe: jpg, jpeg, bmp, tiff, png
Formato de documento: pdf, Powerpoint (ppt, pps, pot, pptz, ppsx, potx), Word (doc, docx), OpenOffice (odp, odt, ods)
Participar con un traballo en formato vídeo – (Axuda pdf vídeo)
Participar con un traballo en formato imaxe – (Axuda pdf vídeo)
Participar con un traballo en formato documento – (Axuda pdf vídeo)

Para aclarar dudas enviar un email a climantica@climantica.org.

Pdf convocatoria do campus
Pdf da convocatoria do Seminario docente